Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de maio de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual Normativo de Sinalización.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de tasas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó publico da publicación editada por esta consellería e que se relacina no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Manual Normativo de Sinalización: 48 euros.