Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xuño de 2002 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 6 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro), para a adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa (Bruxes e Natolín) durante o curso académico 2002-2003.

Por Orde do 6 de febreiro de 2002 (DOG do 19 de febreiro) convocáronse dúas bolsas para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, unha para o Colexio de Europa con sede en Bruxes (Bélxica) e outra para Natolín (Polonia).

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez que o Colexio de Europa confirmou a admisión dos candidatos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concederlle a Ana García Cachafeiro unha bolsa para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, no Colexio de Europa con sede en Bruxes (Bélxica).

Artigo 2º

Concederlle a Manuel Pueyo Fernández unha bolsa para realizar estudios de especialización en temas

relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, no Colexio de Europa con sede en Natolín (Polonia).

Artigo 3º

Nomear candidatos suplentes a Emilia Carballo González para o Campus de Bruxes (Bélxica) e a José Luis Fernández lozano para o Campus de Natolín (Polonia).

Artigo 4º

O importe de cada bolsa ascende a un total de 18.030,36 euros, destinadas a:

a) 15.000 euros, o pagamento das taxas e estadía que será efectuada en nome do bolseiro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria directamente no Colexio de Europa en Bruxes.

b) A cantidade restante, 3.030,36 euros, ingresaráselle ó bolseiro nun só pagamento, en concepto de axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes.

Artigo 5º

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria