Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de abril de 2002 pola que se autoriza a modificación das tarifas de servicios públicos regulares permanentes de transporte de viaxeiros de uso xeral por estrada de competencia da Xunta de Galicia.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 83, do 30 de abril de 2002, é necesario efectua-la oportuna corrección:

Na páxina nº 6065, na columna da dereita, na liña nº 38, onde di: «SAI: 0,1315+0,1683 T/365», debe dicir: «SAI: 0,000790+0,001012 T/365».