Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

De acordo co sinalado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno deste concello, por acordo do 17 de decembro de 2001, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP, ante o mesmo órgano que dictou o acto, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó de publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Vilar de Santos, 13 de maio de 2002.

Xosé Antón Jardón Dacal

Alcalde

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALEGO E IBEROAMERICANO

DA SAÚDE