Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALEGO E IBEROAMERICANO DA SAÚDE

ACORDO do 12 de xuño de 2002 polo que se nomea o director xerente.

O padroado da fundación, con enderezo en Santiago de Compostela, na súa reunión celebrada o día 12 de xuño de 2002, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 e) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director xerente da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, anunciada no Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2002.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Noméase director xerente da Fundación Foro Permanente Galego Iberoamericano da Saúde a Francisco Javier Hernández Pasín.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

José María Hernández Cochón

Presidente do Padroado da Fundación Foro

Permanente Galego Iberoamericano da Saúde