Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.A. 1 A Tomada (Navia). (Expediente 4407/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do 29 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na unidade de actuación 1 A Tomada, na parroquia de Navia, na súa versión definitiva, redactado polos arquitectos Enrique López Santander e Teodoro de Francisco Antes, visado polo COAG en datas 5-3-2002, 21-7-1997 e 5-5-1997.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

a) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados de domicilio descoñecido, respecto os cales non se poidera practica-la notificación.

Vigo, 20 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo