Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 27 de decembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle no Martil (A Pajuela-Marrozos), promovido por Cogasa, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 100, do día 3 de maio de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativamente de reposición ante o pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo