Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de reforzo do piso na rúa da Fervenza incluídas no Plan XXI de reinvestimento de baixas en obras municipais 2002 da Deputación Provincial da Coruña.

Tipo de licitación: 34.906,23 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: 2 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Recolla de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3.3º do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación da Coruña.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde