Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 27 de xuño de 2002, aprobou definitivamente o Plan parcial do parque empresarial de Outeiro de Rei, promovido por Xestur Lugo en Matela, neste municipio.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere procedente.

Outeiro de Rei, 28 de xuño de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde