Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras de construcción de centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Aspai.

Orzamento: 30.050 euros.

Prazo de execución: 3 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 601 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 28 de xuño de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde