Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello de Malpica de Bergantiños, en sesión ordinaria celebrada o pasado día 20 de maio de 2002, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificación das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal na zona da Atalaia-Malpica.

Así mesmo, acordouse a apertura do trámite de exposición pública previsto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderán tódolos interesados examina-lo expediente nas oficinas de Urbanismo deste concello, sitas na avenida Emilio González, 1, e presentar mediante escrito dirixido ó Pleno do Concello as alegacións oportunas.

Así mesmo, en virtude do artigo 34.3º da citada lei, queda suspendido o outorgamento de licencias urbanísticas no citado ámbito polo prazo establecido no dito artigo.

Malpica de Bergantiños, 23 de maio de 2002.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente