Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (5/2002).

A Alcaldía, con data do 30 de abril de 2002, dictou a seguinte resolución:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado para a xestión do polígono H10.02 rúa Abegondo.

2. Someter a información pública o proxecto de compensación do polígono H10.02 rúa Abegondo, para efectos de que, por parte dos interesados, poidan presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

A Coruña, 30 de abril de 2002. O alcalde. P.D. Salvador Fernández Moreda».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), polo que se refire ó proxecto de bases e estatutos e segundo o disposto no artigo 174 do Regulamento de xestión urbanística e artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, no referente ó proxecto de compensación, advertindo ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de atención ó público do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque, s/n, de luns a venres, durante o prazo dun mes a partir da publicación ou notificación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente en defensa dos seus dereitos.

Así mesmo, comunícase que as cuestións que se presenten en relación co mesmo poderán consultarse

de 12 a 14 horas, tempo no que serán atendidas polo persoal do servicio.

A Coruña, 6 de maio de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro de Urbanismo