Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

CONCURSO, con procedemento aberto, para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cerceda.

2. Obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Orzamento base de licitación: 90.151,82 A.

4. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto e forma de adxudicación: concurso.

5. Obtención de documentación: Secretaría do Concello de Cerceda.

6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, ou por correo, dentro dos vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG.

7. Garantías.

a) Provisional: 1.803,04 A.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas (agás sábados), ás 12 horas.

Cerceda, 4 de xuño de 2002.

José García Liñares

Alcalde-presidente