Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Acordada polo Pleno deste concello, na sesión celebrada o día 22 de maio de 2002, a desafectación ó servicio público e a súa cualificación como ben patrimonial ou de propios da nave sita nas instalacións da feira de gando que sobresae destas e linda coa rúa onde se atopa o tanatorio; iso coa finalidade de levar a cabo a súa demolición para destina-la superficie que ocupa esa nave á ampliación da dita vía pública.

O que se fai público polo prazo dun mes, para que poidan formularse alegacións, en cumprimento do disposto no artigo 8.2º do Regulamento de bens das entidades locais e no artigo 269.1º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Arzúa, 24 de maio de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde