Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación por concurso, con procedemento aberto, das obras que se indican a seguir, incluídas no Plan XXI de Infraestructuras Locais de Transporte e de Travesías Municipais 2002.

Obra: reparación do firme de rúas e camiños no concello de Ares.

Orzamento: 61.844,89 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001, pode ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral de entrada de documentos do concello, desde as nove ás trece horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó desta publicación no BOP, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se coincidise en sábado traladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«Dn./Dñ. ..., con enderezo en ..., rúa ..., nº ..., teléfono ..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI ou CIF nº ..., e con enderezo en ... nº ..., teléfono ...), toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de reparación do firme de rúas e camiños no concello de Ares, e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ..., que significa unha baixa de ..., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En ... o ... de ... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo sobre: «Proposición para tomar parte na contratación das obras de reparación do firme de rúas e camiños no concello de Ares».

En ... o ... de ... de 2002».

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ares, 20 de xuño de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente