Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 6 de xuño de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ó seu nome dos servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturarlle ó terceiro obrigado ó pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintas causas para non seren recibidas as noti

ficacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturarlle ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1º do Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 68, do 5 de abril), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación necesaria, deberán poñerse en contacto co servicio de facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 55 27.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ourense, 6 de xuño de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

Nome do pacienteNome pai/nai/titorDNI/NIF

(no caso de menores)

Amorín Domínguez, Pablo34921737-D

Baptista Filipe, Jorge Miguel

Carrera García, Darío10068751-H

González Londoño, OrlandoX-3932810-V

Jurado Vélez, Lina FarlleyX-3307696-C

Medina Muñoz, AideX-3450575-T

Mesa Casalla, Zoraima44708715-G

Montes Silvent, Rafael34988522-W

Osayande, KateX-3622887-L

Ovis Murcia, Antonio25151187-Y

Rodríguez Araújo, Dolores34393525-S