En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artígo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicante: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elexida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA:
Concurso: 133/2002.
Servicio de vixilancia dos distintos centros -e as súas dependencias- que integran o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.
Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica adxunto na documentación facilitada.
4. Data de adxudicación do contrato: 18-4-2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Ofertas recibidas: sete.
7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:
Lote nº 1: Gesegur General de Seguridad, S.A.; polígono de Pocomaco, 1ª avenida, parcela B-1, 15190 A Coruña (España).
8. Prezo: 1.023.561,00 A.
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:
10. Outras informacións:
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:
BOE: 28-2-2002.
DOCE: 27-2-2002.
DOG: 13-3-2002.
12. Data de envío do presente anuncio: 17 de xuño de 2002.
13. Data de recepción do presente anuncio: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 29 de maio de 2002.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña