Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da subministración referenciada, anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, de presentarse reclamacións.

Así mesmo, sométese o proxecto técnico das obras de instalación dos anteriores a exposición pública para a presentación de alegacións polos posibles interesados.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución das subministracións consistentes en subministración e instalación da iluminación pública en Agrelo PPC/2002. Lugar de entrega: Concello de Bueu, Pontevedra. Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 88.972,29 euros.

5. Garantías: provisional: non esixible. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información: concello de Bueu. R/ Eduardo Vicenti, 10. 36939. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99, ata o último día do prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen requisitos específicos distintos dos xerais sinalados nos pregos.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: ós 15 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, en horario de oficina, no rexistro xeral do concello, ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous (2) sobres pechados, A e B, denominados: «Documentación xeral» e «Documentación específica» para o concurso, coas inscricións e a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos.

9. Apertura de ofertas: na casa do concello, ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións (se o día fose sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 18 de xuño de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde