Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 3 de xuño de 2002 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Suafer VII, Portela D, Portela H e Portela I.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Suafer VII, Portela D, Portela H, Portela I e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 16-11-2001, Claudino Pazos López solicitou autorización para transmisión das concesións das bateas Suafer VII, Portela D, Portela H, Portela I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dictei a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de Claudino Pazos Barciela (DNI 36015072-Q), das concesións administrativas das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Suafer VII.

Situación: cuadrícula nº 7.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 16-6-1975.

Remate vixencia: 5-3-2005.

Actuais titulares: Claudino Pazos López (35860715-N) e María Barciela Andreu (35966936-L).

Novo titular: Claudino Pazos Barciela (36015072-Q).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portela D.

Situación: cuadrícula nº 6.

Polígono: D.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 6-10-1953.

Remate vixencia: 23-9-2008.

Actuais titulares: Claudino Pazos López (35860715-N) e María Barciela Andreu (35966936-L).

Novo titular: Claudino Pazos Barciela (36015072Q).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portela H.

Situación: cuadrícula nº 34.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 6-5-1964.

Remate vixencia: 23-9-2008.

Actuais titulares: Claudino Pazos López (35860715-N) e María Barciela Andreu (35966936-L).

Novo titular: Claudino pazos Barciela (36015072Q).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portela I.

Situación: cuadrícula nº 6.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 6-5-1964.

Remate vixencia: 23-9-2008.

Actuais titulares: Claudino Pazos López (35860715-N) e María Barciela Andreu (35966936L).

Novo titular: Claudino Pazos Barciela (36015072-Q).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación

requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 3 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,

do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE