Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición dun espectrofotómetro de absorción atómica equipado con chama, cámara de grafito e xerador de hidruros para o Laboratorio de Saúde Pública de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/211-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun espectrofotómetro de absorción atómica equipado con chama, cámara de grafito e xerador de hidruros para o Laboratorio de Saúde Pública de Pontevedra.

b) Número de unidades que se van entregar: un.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: Laboratorio de Saúde Pública de Pontevedra.

e) Plazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e seis mil cento doce euros (66.112 euros).

5. Garantía provisional.

Non.

6. Obtención de documentación e información.

Consellería de Sanidade, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 543618 e telefax: 981 542762.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados dende a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde o remate da presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a catrocentas vinteún euros (421 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obtenerse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos