Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o aluguer de 12 copiadoras para as zonas veterinarias.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/195-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: aluguer de 12 copiadoras para as zona veterinarias.

b) Número de unidades a entregar: 12 copiadoras.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento quince mil oitenta e un con noventa e dous euros (115.081,92 euros).

5. Garantía provisional.

Non.

6. Obtención de documentación e información.

Consellería de Sanidade, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde o remate do prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo de gastos ascende a catrocentos vinteún euros 421 euros.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos