Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 01/0000632/2002 IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia.

Recibida resolución da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 01/0000632/2002 IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia, contra a orde pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, e da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, esta Dirección Xeral acorda remiti-lo expediente administrativo e emprazar para un xeral coñecemento, a tódalas persoas interesadas no procedemento

para que poidan comparecer como parte ante a dita Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias

e Promoción Agroalimentaria