Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 117/1999).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esa delegación acorda sinala-lo día 23 de xullo de 2002, a partir das 10.30 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Electra de Viesgo, I, S.A., proceda nas oficinas da Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez ó pagamento do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 132 kV desde a subestación de Vilalba (Lugo) ata a subestación de Tesouro (As Pontes), expediente nº 117/1999, ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL