Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite urxente, para obras de reforma da calefacción, auga quente sanitaria e cociña da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas en Ourense.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 128, do xoves, 4 de xullo de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección.

Na páxina 10.493, no punto 7: Requisitos específicos do contratista.

Débese engadir:

Clasificación esixida:

Grupo: J.

Subgrupo: dous.

Categoría: D.

Na páxina 10.493, no punto 8.a), onde di: «Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Data límite de presenta

ción: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia».

Nota.-De conformidade co establecido no artigo 75 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, o prazo para a presentación de proposicións, empezará contados desde o día seguinte ó da publicación desta correción de erros no Diario Oficial de Galicia.