Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/67-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Camiño dos Caños.

Situación: Allariz.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 340 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Roimelo e con final na L.M.T. subt. ó C.T. estrada de Xunqueira despois de alimenta-lo C.T. proxectado no soto de edificio na r/ Camiño dos Caños, potencia: 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense