Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o proxecto tipo centro de transformación de distribución intemperie sobre apoio de formigón.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para efectos de notificación en avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 15 de decembro de 2000 a empresa Unión Fenosa, S.A. solicita a aprobación do proxecto tipo centro de transformación de distribución intemperie sobre apoio de formigón.

Acompaña a dita solicitude o proxecto tipo ó que fai referencia o artigo 9 do Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación ó presente expediente.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a informe das delegacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e como resultado dos informes das delegacións o promotor presentou un novo proxecto tipo de centro de transformación de distribución intemperie sobre apoio de formigón, no que inclúe as modificacións que lle foron requiridas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, no Decreto 2413/1973, do 20 de setembro, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión, modificado polo Real decre

to 2295/1985, do 9 de outubro, e Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa citados e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

Aproba-lo proxecto tipo centro de transformación de distribución intemperie sobre apoio de formigón.

Os proxectos tipo deberán ser completados, inescusablemente, cos datos específicos concernentes a cada caso, tales como: situación, accesos, circunstancias locais, clima, contorna, dimensións específicas, características das terras e da conexión á rede, así como calquera outra correspondente ó caso particular.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas