Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/66-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. urbanización Monterrei.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 1.475 m, desde a cela de liña do C.T. Lonia Textil ata o C.T.-1 proxectado en caseta prefabricada con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V na urbanización Monterrei. Liña subterránea a 20 kV de 560 m, desde a cela de liña do C.T.-1 ata o C.T.-2 proxectado en caseta prefabricada con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V na urbanización Monterrei. Liña subterránea a 20 kV de 1.060 m, con orixe na cela de liña do C.T.-2 citado e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Fundación San Rosendo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense