Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/65-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mesóns do Reino.

Situación: Piñor de Cea.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 771 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 39 da L.M.T. Cea-Reino, e con final no C.T. Restaurante Ateneo proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión aéreas derivadas ddo C.T. Restaurante Ateneo e mais do C.T. Mesóns do Reino, existente en caseta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense