Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 1 de xullo de 2002 pola que se modifica a do 30 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico.

O Regulamento (CE) nº 2792/1999 do Consello do 17 de decembro, polo que se definen as modalidades e condicións das intervencións con finalidade estructural no sector da pesca, que constitúe un marco para o conxunto das intervencións estructurais no sector pesqueiro realizadas no territorio dun Estado membro, establece no seu artigo 12, a posibilidade de establecer medidas socioeconómicas para aqueles pescadores que exerzan a súa actividade profesional principal a bordo dun buque de pesca marítima en activo.

O Real decreto 3448/2000, do 22 de decembro, polo que se establece a normativa básica das axudas estructurais no sector pesqueiro, establece no capítulo XVI, as condicións, fins, controis e requisitos e órgano competente en tramita-las medidas socioeconómicas.

Dentro do marco establecido pola normativa comunitaria e pola básica do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia estableceu por medio da Orde do 30 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico.

Dentro do marco socio-político actual, faise preciso clarexa-los posibles beneficiarios das diferentes medidas socioeconómicas. Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 5º da Orde do 30 de novembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico, quedando redactada como segue:

Artigo 5º, parágrafo primeiro:

Poderán ser beneficiarios destas axudas os pescadores que sexan tripulantes de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e que reúnan todos e cada un dos requisitos e condicións establecidos máis adiante para cada unha das medidas, así como os establecidos na normativa básica estatal e comunitaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos