Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 28 de xuño de 2002 pola que se convocan axudas de formación en réxime de empresa tutelada para os alumnos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

Por Orde do 18 de febreiro de 2002 convocáronse catro bolsas de formación en réxime de empresa tutelada. Rematado o proceso de selección quedan vacantes dúas bolsas para a realización dun proxecto de xestión e producción de cría de bivalvos na modalidade de empresa tutelada, na que a entidade formadora, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, facilita un período de práctica laboral nun ámbito de empresa ficticia na que se reproducen os medios e procesos de producción e xestión reais, pero que a titularidade dos medios de producción é da entidade responsable do proceso de formación.

Existindo crédito suficiente na aplicación orzamentaria correspondente, resulta necesario proseguir ese período de práctica laboral e seleccionar outro equipo de dúas persoas para participar nese itinerario de perfeccionamento profesional.

Polo exposto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.322S.480.0 Formación Profesional FSE, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, convócanse dúas bolsas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, para a especialización posformativa para alumnos de formación profesional específica do Igafa.

Artigo 2º

A solicitude e concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I da Orde do 18 de febreiro de 2002 (DOG nº 41, do 26 de febreiro).

Artigo 3º

O importe global máximo que acadará o conxunto das axudas é de 16.200 euros.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos