Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-3/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 13 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no API-H12.01 A Regueira-Montserrat, redactada de oficio polos técnicos municipais.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, sin número, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 20 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo