Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-14/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 3 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela A-39, segunda fase do Polígono de Elviña, promovido pola Parroquia da Milagrosa de Elviña.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notifica-lo promotor.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo