Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 21 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela ocupada polo Colexio Salesiano da Coruña, promovido pola Comunidade Salesiana.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sita na rúa do Parque, s/n, en horario laboral, das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 25 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo