Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2002 pola que se aproba a modificación do artigo 6 e a refundición nun só texto das modificacións habidas nos estatutos da Fundación de Estudios e Análises (Fesan) e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación de Estudios e Análises (Fesan).

Resultando que a Consellería de Presidencia e Administración Pública por Orde do 27 de maio de 1997, (DOG da mesma data), clasificou como bené

fico-docente a Fundación de Estudios e Análises (Fesan) e adscribiu á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que foi declarada de interese galego por Orde do 1 de xullo de 1997 (DOG do 11 de agosto), inscribíndose no Rexistro de Fundacións deste protectorado co número 182.

Resultando que a fundación de referencia solicitou ante este protectorado a modificación do artigo 6 e a refundición nun só texto das modificacións habidas nos seus estatutos, segundo consta na certificación da súa aprobación polo padroado, de data 4 de febreiro de 2002, e na escritura pública do notario Manuel-Julio Reigada Montoto, de data 31 de maio de 2002 (protocolo nº 1.746).

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da citada fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación é conforme coa vontade fundacional, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la modificación do artigo 6 e a refundición nun só texto das modificacións habidas nos estatutos da Fundación de Estudios e Análises (Fesan), segundo consta na escritura pública do notario Manuel-Julio Reigada Montoto, de data 31 de maio de 2002, protocolo número 1.746.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor tales cambios estatutarios.

Terceiro.-A presente disposición, que pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser recorrida potestivamente mediante o recurso de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou ben impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria