Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xuño de 2002 pola que se autoriza á Escola Familiar Agraria Piñeiral de Arzúa (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao medio de Xestión Administrativa e Coidados Auxiliares de Enfermería e se suprimen 4 unidades da educación secundaria obrigatoria.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular da Escola Familiar Agraria Piñeiral de

Arzúa (A Coruña), polo que se solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao medio de Xestión administrativa e Coidados Auxiliares de Enfermería, así mesmo solicita a supresión de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria (autorizadas segundo a Orde do 6 de xuño de 1996, DOG do 12 de xullo).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 21 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la Escola Familiar Agraria Piñeiral de Arzúa, para imparti-los ciclos formativos de grao medio de Xestión Administrativa e Coidados Auxiliares de Enfermería.

Segundo.-Suprimir 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, con efectos do 31 de agosto de 2002, quedando a composición resultante segundo os datos do anexo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potesta

tivo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arzúa.

Localidade: Arzúa.

Enderezo: Santa María, s/n.

Código do centro: 15020313.

Denominación: Escola Familiar Agraria Piñeiral.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias de Galicia.

Composición resultante:

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao medio de Xestión Administrativa (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: Comercio e Márketing.

-1 ciclo formativo de grao medio de Comercio (1 unidade para 20 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de Xestión Comercial e Márketing (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: industrias alimentarias.-1 ciclo formativo de grao medio de Panificación e Repostería (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (1 unidade para 20 alumnos).