Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 1/2001 (III)).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 13 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Abrir un novo período de información pública da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, relativa ó polígono F5.01, Escola de Náutica, promovida polo Concello da Coruña.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 20 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo