O Pleno do Concello, en sesión realizada o 13 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM do rueiro entre a rúa Joaquín Planells, travesía de Joaquín Planells e Ronda de Outeiro.
Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.
A Coruña, 16 de maio de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo