Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Resolución da Alcaldía de Cabanas (A Coruña), do 2 de maio de 2002, referente á convocatoria para a provisión dunha praza de garda da policía local.

No BOP da Coruña nº 119, do 27 de maio de 2002, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión, mediante oposición libre, dunha praza da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, vacante no cadro de persoal deste concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as cales se entregarán no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, en calquera dos días laborables do prazo indicado, ou nos lugares que sinala o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no citado boletín provincial e no taboleiro de anuncios do concello.

Cabana, 31 de maio de 2002.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa