Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto, para a contratación do apoio técnico ó Servicio de Coordinación Administrativa.

-Obxeto: apoio técnico ó Servicio de Coordinación Administrativa.

-Importe: 51.752,00 euros.

-Anualidades:2002: 8.625,33 euros.

2003: 25.876,00 euros.

2004: 17.250,67 euros.

-Duración: 2 anos (prorrogables).

-Aplicación orzamentaria: 5001.2591.640.8.

-Sistema de execución: concurso aberto.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) na Consellería de Sanidade/Sergas en San Lázaro, Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por estes, a documentación descrita na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de claúsulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002 do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos