Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-3/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 21 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono G3.09, para a execución da intersección das rúas Ángel Rebollo e San Jorge, así como para completa-los servicios urbanísticos existente promovido por Pablo Veiga e outro, C.B.

Segundo.-Proceder á exposición pública do expediente administrativo e do documento que contén o proxecto de urbanización, anunciándose esta no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación correrán por conta do seu promotor.

A Coruña, 25 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo