Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.427

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

BIC GALICIA

ANUNCIO de concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para edición e imprenta.

Mediante acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.)

convócase concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: a edición e impresión de materiais e publicacións, coa seguinte tipoloxía:

Lote 1: impresión dixital de 500 exemplares de Seminarios de Xeración de Ideas.

Lote 2: impresión dixital de 120 exemplares de Seminarios de Xestión Empresarial.

Lote 3: impresión offset de 1.000 exemplares de Seminarios de Planificación Empresarial.

Lote 4: impresión offset de 20 libros de Guías de Actividade Empresarial, edición de 1.000 exemplares de cada libro.

Lote 5: impresión en offset e montaxe de pastas soporte para documentación.

Orzamento máximo global para esta contratación: ata 124.800 euros, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

Tramitación: urxente.

Os pregos de bases e prescricións técnicas do concurso están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A., no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23.

Prazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela, dentro do prazo de dez días naturais a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de vencemento do prazo fose inhábil, o vencemento trasladarase ó seguinte día hábil.

Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado CEEI Galicia, S.A.