Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.427

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO de apertura do prazo para a inclusión nas listas de contratación de persoal temporal de diversas categorías da fundación.

A Fundación Pública Hospital da Barbanza anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas do Pacto Colectivo sobre selección temporal de persoal nas seguintes categorías: ATS/DUE, fisioterapeutas, traballadores sociales, técnicos especialistas en radiodiagnóstico, técnicos especialistas en laboratorio, auxiliares de enfermería, persoal de servicios xerais, técnico superior rama económica e técnico superior rama informática.

O texto completo do pacto poderá ser consultado na páxina web do Sergas, nas Delegacións Provinciais da Consellería de Sanidade, nas Direccións Provinciais do Sergas, na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e do Sergas e no taboleiro de anuncios da fundación.

Ribeira, 25 de xuño de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director xerente da Fundación Pública

Hospital da Barbanza