Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.427

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO de contratación de diversas subministracións.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza abre o proceso de recepción de ofertas para a determinación do tipo e a selección de provedores das seguintes subministracións sucesivas.

Obxecto dos contratos: adquisición mediante subministración sucesiva de:

-CDT-02/001: material de punción, sondas e catéteres, (6 lotes), (ref. CDT-02/001).

-CDT-02/002: gasas, apósitos e vendaxes. (4 lotes), (ref. CDT-02/002).

-CDT-02/003: batas, gorros e equipos cirúrxicos dun só uso. (3 lotes), (ref. CDT-02/003).

-CDT-02/004: empapadores, cueiros e luvas. (2 lotes), (ref. CDT-02/004).

-CDT-02/005: suturas, mallas cirúrxicas e material sanitario de consumo. (6 lotes), (ref. CDT-02/005).

-CDT-02/006: material de banco de sangue, de extracción e material médico diverso. (5 lotes), (ref. CDT-02/006).

-CDT-02/007: material de consumo diverso. (5 lotes), (ref. CDT-02/007).

-CDT-02/008: material de oficina e arquivo. (3 lotes), (ref. CDT-02/008).

-CDT-02/009: equipos de infusión e accesorios. (3 lotes), (ref. CDT-02/009).

-CDT-02/010: próteses de xeonllo, cadeira e cemento. (4 lotes), (ref. CDT-02/0010).

Orzamento estimado de cada unha das subministracións:

-CDT-02/001: 134.904,64 A.

-CDT-02/002: 178.483,50 A.

-CDT-02/003: 186.873,24 A.

-CDT-02/004: 110.236,44 A.

-CDT-02/005: 214.790,14 A.

-CDT-02/006: 102.296,86 A.

-CDT-02/007: 156.599,08 A.

-CDT-02/008: 64.193,78 A.

-CDT-02/009: 121.759,94 A.

-CDT-02/010: 169.277,49 A.

Apertura de proposicións: ás 11 horas do día 23 de xullo de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza para as subministra

cións CDT-02/001, CDT-02/002, CDT-02/003, CDT-02/004, CDT-02/005; e ás 11 horas do día 24 de xullo de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza para as subministracións CDT-02/006, CDT-02/007, CDT-02/008, CDT-02/009, CDT-02/010.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, Lugar de Salmón-Oleiros s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) das 9 ás 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 16 de xullo de 2002 especificando no sobre a referencia do concurso ó que se presente.

Ribeira, 25 de xuño de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza