Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.428

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

GALICIA CALIDADE, S.A.

CONVOCATORIA de proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo de Galicia Calidade, S.A.

Segundo o Real decreto nº 382/1994, do 15 de decembro, polo que se crea a Sociedade Galicia Calidade, e no cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, Galicia Calidade acorda convocar probas selectivas para o ingreso no seu cadro de persoal de laboral fixo de Galicia Calidade, S.A.

1. Obxecto:

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir unha (1) praza a Sociedade Galicia Calidade, de director xerente.

2. Requisitos dos solicitantes.

Poderán participar no proceso selección aqueles titulados superiores que cumpran os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos mínimos que deberán acreditar:

-Titulación universitaria superior.

-Experiencia laboral en traballos de aseguramento da calidade de 5 anos.

2.2. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade española, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude do expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homolagado polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Os que desexen formar parte nestas probas selectivas, deberán solicita-las bases da convocatoria na sede da sociedade Galicia Calidade, S.A. Área Central, local 33 P-Q 1ª planta, 15707 Santiago de Compostela ou por e-mail no seguinte enderezo info*galiciacalidade.es. O exame non se realizará antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente de Galicia Calidade, S.A.