Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreeto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Título: L.M.T., C.T., R.B.T. Zos.

Situación: Trasmiras.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 188 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 11 proxectado na L.M.T. Cualedro-Paredes-Pardieiros e remata no C.T. proxectado en Zos, con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. 1.055 m de redes de baixa tensión derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense