Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación a L.M.T. Ribas de Sil-Nocedo, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga. (Expediente 18/00 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1ª Purificación González Rodríguez manifesta a súa desconformidade co trazado proxectado na que prexudicaría gravemente o destino actual e futuro

da súa parcela, polo que solicita unha modificación deste trazado eliminando o ángulo existente entre o punto de entroncamento da liña e o primeiro apoio desta, segundo representa nun plano que achega xunto coa súa alegación. Subsidiariamente solicita, por non estar conforme coa cualificación do terreo, que se proceda á súa modificación axustándoa á realidade.

2ª Rosa Rodríguez Quevedo tamén manifesta a súa desconformidade co trazado proxectado, o cal considera que prexudica gravemente as parcelas da súa propiedade ó atravesalas na súa totalidade, o cal contradí o espírito da normativa inspiradora de expropiación en materia de instalacións eléctricas, principio recollido no artigo 57 da Lei 54/1997, no que se establece o criterio de evita-la incidencia sobre predios particulares se a liña pode instalarse sobre terreno de dominio público ou seguindo estremas de predios de propiedade privada, por todo isto solicita varia-lo trazado da liña de xeito que non atravese as súas parcelas, facéndoo discorrer por estremas, no seu defecto, que se valoren os seus predios pola súa totalidade por quedaren inservibles para o seu uso. Por último, e tamén con carácter subsidiario, que se modifique a cualificación do terreo axustándoa á realidade.

3ª Luis Manuel Martín Durán manifesta que o trazado da liña prexudica a edificabilidade e a capacidade productiva da súa parcela, polo que, tendo en conta que os trazados das liñas eléctricas deben de realizarse tendo en conta o principio xeral de producción do menor dano posible e de reducción do impacto ambiental, expresa o seu desacordo coa liña proxectada por existir, ó seu xuízo, alternativa menos gravosa, como a canalización subterránea ou a variación de trazado ata a estrema da súa parcela, onde e existe un camiño público.

4ª Balbina Rodríguez Quevedo igual que os anteriores alegantes manifesta a súa desconformidade coa afección do predio da súa propiedade xa que, ó seu criterio, o trazado non respecta as circunstancias previstas na normativa aplicable, como a de procurar que o trazado proxectado discorra polo lugar menos gravoso para os afectados. Neste senso manifesta que a súa parcela, pola súa situación próxima a núcleos urbanos e lindante coa estrada se veña gravemente prexudicada polo trazado proxectado, que implicaría non só a perda do seu valor, senón tamén a imposibilidade da súa venda ou explotación. Por todo isto solicita que se varíe o trazado de xeito que non atravese a súa parcela e se realice polas súas estremas; con carácter subsidiario se valore a parcela pola súa totalidade.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación por parte da empresa promotora e o resto da documentación que figura no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expedeinte polas seguintes razóns:

1. En canto o manifestado por Purificación González Rodríguez cómpre indicar que o prexuízo cau

sado ó seu predio será en todo caso valorado e obxecto da correspondente indemnización noutra fase do expediente, para o que se tramitará a correspondente peza separada de prezo xusto consonte o procedemento establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa. Por outra banda, a alternativa proposta pola alegante non cumpre cos requisitos establecidos no artigo 26.1º, alínea b do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, xa que supera en lonxitude o dez por cento da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade da alegante. A maior abastanza, toda vez que a alternativa proposta por Purificación González Rodríguez suporía a colocación dun novo apoio, o custo dela tamén sería superior nun dez por cento ó orzamento da liña afectada pola variante, polo que tamén se incumpriría o punto terceiro do citado artigo (todo isto segundo informe dos servicios técnicos desta delegación do 16 de maio). Polo que respecta á cualificación do

terreo, a empresa beneficiaria tomou nota do manifestado pola alegante, sen embargo será no levantamento da acta previa á ocupación, acto ó que a alegante será convocada para que poida manifestar canto considere conveniente, cando se definan de forma exacta as características dos bens afectados para proceder á súa posterior valoración.

2. Polo que respecta o alegado por Rosa Rodríguez Quevedo, débese de considerar que o trazado proxectado xa discorre sensiblemente preto das estremas das súas parcelas cos camiños existentes, e non polo medio dos predios, por outra banda acercar máis o trazado da liña ós lindeiros coa estrada, ademais que suporía practicamente a invasión desta, implicaría unha modificación superior ó dez por cento da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade da alegante, como se desprende do informe dos servicios técnicos desta delegación, polo que se incumpriría o artigo 26.1º b) do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro. Polo que respecta á solicitude de que os predios se valoren pola súa totalidade, cómpre indicar que a valoración dos terreos se substanciará nunha fase posterior do procedemento, para o que se tramitará a correspondente peza separada de prezo xusto, na que se determinará a indemnización que corresponda e na que a alegante poderá

presenta-la súa folla de aprecio na que concretará o valor que considere que lle corrsponda polos prexuízos que se lle ocasionen. En canto á cualificación do terreo, a empresa beneficiaria tomou nota sobre o manifestado por Rosa Rodríguez Quevedo, sen embargo será no levantamento da acta previa á ocupación, acto ó que a alegante será convocada, cando se definan de forma exacta as características dos bens afectados para proceder á súa valoración.

3. No referente ás alegacións realizadas por Luis Manuel Martín Durán cómpre indicar que a imposición da servidume de paso non impide ó dono do

predio servente cercalo, plantar ou edificar nel, deixando a salvo esta servidume (artigo 27 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro), sen embargo os prexuízos económicos derivados da imposición da servidume e o demérito que no predio servente se ocasionen poderán ser obxecto da correspondente indemnización (artigo 32 do Decreto 2619/1966). O soterramento da liña suporía un incremento do costo superior nun dez por cento ó orzamento da parte da liña afectada pola variante. Modifica-lo trazado cara ó sur, de xeito que discorra pola estrema do camiño público existente, suporía tamén unha modificación superior ó dez por cento da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorre sobre a propiedade do alegante.

4. En canto ó manifestado por Balbina Rodríguez Quevedo, débese reiterar que a imposición da servidume de paso non impide ó dono do predio servente cercalo, plantar ou edificar nel, deixando o salvo a servidume (artigo 27 do Decreto 2619/1966). Por outra banda a indemnización pola imposición da servidume de paso comprende non só o valor da superficie afectada senón tamén o demérito que no predio servente se ocasione (artigo 32 do Decreto 2619/1966) e esta indemnización substanciarase nunha fase posterior do expediente onde a alegante poderá presenta-la correspondente valoración na que concrete a indemnización que considere que lle corresponde polos prexuízos ocasionados á súa parcela. Por último cómpre indicar que o trazado da liña proxectado xa discorre sensiblemente preto do lindeiro da parcela de Balbina Rodríguez Quevedo, e a súa proposta de acercalo aínda máis a esta estrema, ademais de supoñer practicamente a invasión da calzada polo tendido eléctrico, implicaría unha

modificación do trazado superior en lonxitude máis do dez por cento da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorre sobre a propiedade da alegante tal e como se indica no informe dos servicios técnicos desta delegación.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que na liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña aérea de media tensión con orixe na L.M.T. ó C.T. da Granxa e remate na L.M.T. Quiroga-Torbeo

de 1.496 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, das comunidades autónomas ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José María Fernández Rey e visado polo Colexio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales da Coruña co número 002887 en data 25-5-2000, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 25 de febreiro de 2002.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 8 de marzo de 2002, Diario Oficial de Galicia do 10 de abril e no BOP de Lugo do 21 de marzo, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos dos concellos de Ribas de Sil e Quiroga. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio

no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 23 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo