Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/63-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Título: L.M.T.S., C.T., Escultor Faílde, 1-L.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 25 m con orixe na L.M.T.S. Pablo Iglesias e remata na L.M.T.S. ó C.T. edificio Unión Fenosa logo de alimenta-lo C.T. tipo interior con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V no edificio nº 1 da r/ Escultor Faílde.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense