Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (154/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se según autos número 154/2002, seguidos por instancia de José Manuel Bouza Gómez contra Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 25-4-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por José Manuel Bouza Gómez, declaro a improcedencia do seu despedimento, e condeno á empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., a que á súa elección que ha de efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 3.107,78 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do seu despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 13.763,21 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte á súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 154-2002 de banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado

do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, a 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado