Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (6/2001).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, da fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 6/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002. Visto pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, constituída como tribunal unipersoal por Ángel Pantín Reigada, presidente desta, o recurso de apelación interposto por Felipe Manzano Vega contra a sentencia dictada con data do 26 de abril de 2001 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela nos autos de xuízo de faltas nº 6/2001 deste xulgado

e rexistrada como rolo de apelación de xuízo de faltas nº 181/2001 desta sección, nos que son parte, como apelante Felipe Manzano Vega e como apelados o Ministerio Fiscal e Amparo Vázquez Pintos, procede formula-la seguinte:

Que desestimando o recurso de apelación interposto por Felipe Manzano Vega fronte á sentencia do 26-4-2001 dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela nos autos de xuízo de faltas deste xulgado número 6/2001, confírmase esta, declarándose de oficio as custas da apelación.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso».

E para que conste e sirva de notificación a Amparo Vázquez Pintos, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, vintedous de maio de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado