Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.394

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002 pola que se convoca, polo sistema de libre designación, un posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

O rector, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, modificado polo artigo 27 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convoca-la provisión, mediante libre designación, do antedito posto, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria.

1. Requisitos dos candidatos.

Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela); no rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n. Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos.

Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma última.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencio

so-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretario xeral adxunto.

Nivel: 28.

Grupo: A.

Complemento específico: 18.306,96 A.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA